jueves, 8 de enero de 2009

Campo Lameiro

Ampliación de dependencias municipales
Proyecto Julio 2004
Propuesta para concurso. Accesit







Praza do Campo da Feira, Casa do Concello, Praza de Pontevedra, Rúa Bernardo Sagasta, Centro Socio Cultural, Correos, Rotonda, Cruceiro, Hórreo, Estrada a Codeseda, a Moimenta...

O entorno da Casa do Concello é o conxunto urbano por excelencia de Campo. O espacio da convivencia, onde se mistura o lecer, co feriar e o arranxo dos asuntos, das cousas de cada día. Unha mistura, no presente, por iustaposición que amosa no seu xeito fragmentario as loitas que xurden pola querencia da apropiación do lugar por cada uso.

Devolverlle ó lugar o seu senso, a súa unidade, a súa polifuncionalidade sosegada, fluída, no que os diversos invariantes que a historia foi amontonando e dos que hoxe sería difícil prescindir, non sexan impedimentos, senon trazas do devenir que nos lembra e afianza na orixe sen perder o futuro, a civilización.

A Casa do Concello consérvase. A ampliación unifica o lugar, dálle un fondo, non a forma. A forma do lugar é o paseo, o miradoiro, as arbres, os vestixios, a xente... O edifio poténciase ó potenciar o entorno, ó darlle servicio, porque o importante é o lugar.





O edificio, polo demáis, é ordenado, flexible; contempla dúas fases de execución de xeito que a vida municipal non se paralice. A vella Casa seguirá mantendo a representatividade, as novas oficinas e salón de plenos viviranse dun xeito máis amigable, coma os chiringos da alameda.