lunes, 12 de noviembre de 2018

Tesis

15 febrero 2018

Tras largos años de investigación y elaboración, el 15 de febrero de 2018 leí mi tesis doctoral ARQUITECTURA PARROQUIAL Y DESARROLLO URBANO. VIGO SIGLO XX ante un tribunal presidido por José Ramón Alonso Pereira, doctor arquitecto, catedrático del departamento de proxectos arquitectónicos urbanismo e composición de la ETSA A Coruña. Actuó como vocal Maria Magdalena Maria i Serrano, doctora arquitecto, profesora del departamento de proyectos arquitectónicos de la Universidad Politécnica de Cataluña, y como Secretario Victoriano Sáez Gutiérrez, doctor arquitecto, profesor del departamento de urbanística y Ordenación del Territorio en la Universidad de Sevilla.








La tesis fue calificada con Sobresaliente cum laude. Se puede consultar en el repositorio de la Universidad de A Coruña https://ruc.udc.es/dspace/handle/2183/20223

viernes, 9 de noviembre de 2018

Rehabilitación de vivienda tradicional en Cristimil. San Amaro. Ourense

proxecto marzo 2017
final de obra noviembre 2017

A rehabilitación da vivenda parte dunha configuración en planta moi ríxida: dous espazos cuadrangulares irregulares contiguos mais desprazados, con dimensións interiores en torno ós 4 a 6 m, con ocos de distribución irregular e diversos, algúns moi pequenos, e escaleira exterior.



Para empezar a cumprir cos requisitos normativos de habitabilidade da vivenda, requírese unir interiormente as distintas pezas do programa obrigatorio, o que precisa de aperturas nos muros que separan ambas construcións principais (as de dúas alturas) e dunha escaleira interior. A escaleira colócase de xeito que apoie nunha trabe existente para que afecte o menos posible ás viguetas e economizar así o remate da apertura do oco no forxado. As pezas distribúense a partir do itinerario da escaleira buscando os maiores espazos a carón das fachadas.
O espazo trátase de xeito fluído, en continuidade, primando as amplas perspectivas interiores que permiten percibir o total do conxunto en todo momento, feito que pon en valor a orixe tradicional da vivenda cos seus caprichos sen o menoscabo das súas pezas cativas.
Isto conséguese mediante un eixo funcional, que soporta ás instalacións e elementos de servizo, ó que se acoplan os diversos espazos habitables, de tránsito, de testemuñas do existente. Na medida do posible, nin o eixo nin outras divisións chegan ós teitos e paredes exteriores, permitindo así esa percepción fluída ó tempo que flúe tamén a luz e o ar, e paliando así a insuficiencia de ventilación e iluminación que a disposición e dimensións tradicionais dos ocos existentes orixinaría nunha solución de pezas pechadas.
O eixo, a espiña do pez, confórmase coma un armario técnico plurifuncional que acolle tanto as instalacións (electricidade, iluminación, auga, saneamento, fumes, ventilación, calefacción) coma a cociña, lavadoiro, tendal, aseo, almacenamento xeral, mobiliario e a propia escaleira.
O resto é o espazo que se conforma en pezas de uso aproveitando as irregularidades da xeometría orixinal.
Esta solución optimiza o sincretismo historia-espacio-función partindo dunha economía de medios de óptica tradicional e dunha posta ó día da estética da humildade rural, na que prima a presenza do muro fronte ó baleiro das pezas.


A obra foi executada parcialmente polo propietario.
 









jueves, 8 de noviembre de 2018

Reforma de vivienda en As Caldas, Ourense

proyecto marzo 2018
final de obra noviembre 2018


A reforma consistiu na adaptación interior da vivenda existente ós parámetros de habitabilidade das NHV/2010, ó tempo que se melloran as prestacións para acadar, na medida do posible, os requisitos básicos da edificación dispostos polo CTE. Non se afecta á estrutura, nin a composición e volume exterior, nin as conducións colectivas (canalizacións, baixantes, tiros) empregándose as existentes.
Os condicionantes do promotor foron: Vivenda composta de salón unido á cociña, dormitorio principal con aseo (ducha), despacho/invitados, aseo xeral (bañeira). Espazos abertos. Melloras na acústica. Sometida a criterios de Feng Shui, que definiron os acabados.



Concurso Panificadora. Vigo

concurso enero 2017

Para a redacción definitiva da modificación do PEPRI, cómpre facer o traballo de campo que na fase de concurso non se puído facer pola falla de acceso á finca. Requírese un levantamento detallado das edificacións da Panificadora, un análise do estado das mesmos, a detección de elementos de valor descoñecido (escaleiras, por exemplo), e a determinación da capacidade de uso que teñen os espazos para así concretar as posibilidades de ubicación do programa dado.
O obxectivo básico é acadar unha ordenación baseada no máximo respecto ás edificación da Panificadora por mor da súa relevancia histórica como arqueoloxía da arquitectura industrial e especialmente o grupo de silos, fito e imaxe de identidade da cidade.
O destino é a dotación pública, mais aceptando tódolos usos permitidos nas condicións xerais de uso do PEPRI, de xeito que a mistura de usos facilite a integración co tecido existente e posibilite un escenario continuo de mobilidade.
Considéranse fundamentais as conexións accesibles co Paseo de Alfonso, a Praza do Rei, a Avenida das Camelias e a integración da Fonte da Falperra como parte do espazo a crear.
A finca da Panificadora conserva os edificios principais, eliminando as construcións auxiliares de nulo valor. Nos edificios protexidos só se admite o incremento de volume no da Falperra por ser a que menos distorsiona tanto a imaxe dos silos como a memoria histórica da fábrica, mais sen permitir a perda dos espazos de tesoiras vistas. Admítense as novas construcións substituíndo ós extremos do edificio protexido da Falperra, na zona triangular de talleres onde un edificio-intercambiador conecta con Praza do Rei e Camelias, e no subsolo baixo espazo libre sen que se modifiquen as rasantes actuais máis aló dos retoques para mellora da accesibilidade. Nos corredores interiores, que en todo caso serán de uso  público, que organizan a parcela permítense os elementos de acceso e comunicación dos edificios así como os elementos de iluminación e ventilación dos sotos.
As edificacións da rúa Santiago rásanse coa Praza do Rei e incorporan no seu deseño a rúa de nova apertura esbozada nas traseiras dos edificios contiguos.
Dado o programa dado no que interveñen institucións públicas, o réxime de promoción máis axeitado semella o convenio ou as concesións, xa que débese manter a unidade de xestión da finca da Panificadora (independentemente do réxime de propiedade actual).