viernes, 9 de noviembre de 2018

Rehabilitación de vivienda tradicional en Cristimil. San Amaro. Ourense

proxecto marzo 2017
final de obra noviembre 2017

A rehabilitación da vivenda parte dunha configuración en planta moi ríxida: dous espazos cuadrangulares irregulares contiguos mais desprazados, con dimensións interiores en torno ós 4 a 6 m, con ocos de distribución irregular e diversos, algúns moi pequenos, e escaleira exterior.



Para empezar a cumprir cos requisitos normativos de habitabilidade da vivenda, requírese unir interiormente as distintas pezas do programa obrigatorio, o que precisa de aperturas nos muros que separan ambas construcións principais (as de dúas alturas) e dunha escaleira interior. A escaleira colócase de xeito que apoie nunha trabe existente para que afecte o menos posible ás viguetas e economizar así o remate da apertura do oco no forxado. As pezas distribúense a partir do itinerario da escaleira buscando os maiores espazos a carón das fachadas.
O espazo trátase de xeito fluído, en continuidade, primando as amplas perspectivas interiores que permiten percibir o total do conxunto en todo momento, feito que pon en valor a orixe tradicional da vivenda cos seus caprichos sen o menoscabo das súas pezas cativas.
Isto conséguese mediante un eixo funcional, que soporta ás instalacións e elementos de servizo, ó que se acoplan os diversos espazos habitables, de tránsito, de testemuñas do existente. Na medida do posible, nin o eixo nin outras divisións chegan ós teitos e paredes exteriores, permitindo así esa percepción fluída ó tempo que flúe tamén a luz e o ar, e paliando así a insuficiencia de ventilación e iluminación que a disposición e dimensións tradicionais dos ocos existentes orixinaría nunha solución de pezas pechadas.
O eixo, a espiña do pez, confórmase coma un armario técnico plurifuncional que acolle tanto as instalacións (electricidade, iluminación, auga, saneamento, fumes, ventilación, calefacción) coma a cociña, lavadoiro, tendal, aseo, almacenamento xeral, mobiliario e a propia escaleira.
O resto é o espazo que se conforma en pezas de uso aproveitando as irregularidades da xeometría orixinal.
Esta solución optimiza o sincretismo historia-espacio-función partindo dunha economía de medios de óptica tradicional e dunha posta ó día da estética da humildade rural, na que prima a presenza do muro fronte ó baleiro das pezas.


A obra foi executada parcialmente polo propietario.