jueves, 27 de noviembre de 2008

Propuesta para Plan parcial PETETA Vigo

Concurso para la redacción de Plan Parcial del sector de suelo urbanizable S-28-R PETETA. PXOM VIGO
Propuesta Febrero 2009





O ámbito de actuación era ata agora un “núcleo rural” de recente formación rodeado de ámbitos consolidados de moi diversa índole. Por unha banda (E) o límite da estrada nacional co encastre da estación transformadora de electricidade. Do lado oposto (O) o cauce protexido do Eifonso que conecta cunha zona de protección de espazo natural e unhas zonas de vivendas unifamiliares. Ó norte está prevista unha importante conexión viaria que cercena o ámbito, deixando dúas ínsulas de difícil integración co resto da actuación, quedando, inicialmente vinculadas á zona industrial e comercial inmediata. Ó sur un límite edificado impreciso.




O terreo é bastante chá (7% baixando cara ó norte) tendo en conta o relieve comunmente encostado do concello, polo que a desvantaxe de aba norte non lle afecta cara o asollamento. Asollamento que vese favorecido tamén polo desenvolvemento lonxitudinal norte-sur do ámbito e coas costas con edificación de escaso impacto de sombra.

O relieve do terreo dos arredores axuda á defensa respecto dos refachos predominantes sur e oeste, se ben destes ten aínda máis protección pola vexetación próxima.

As posibles conexións viarias cos arredores vese moi limitada pola reestructuración que supón o plan xeral, dando evidente prioridade á nova conexión da Ronda, seu enlace coa avenida de Madrid (estrada nacional) e a relevancia da rúa Cachendo como estructurante. As conexión dende esta última polo camiño Costa Peteta parecen voluntariamente truncadas polo plan, pois cumpren só servizo ó ámbito en estudio discurrindo conflitivamente na zona protexida do Eifonso; ampliar a súa capacidade para o desenvolvemento do ámbito afondaría máis no conflito. Quedan pois dúas posibilidades: a rotonda da Ronda no mesmo ámbito e a conexión sur coa avenida de Madrid; unir estes nodos crea o vial estructurador do ámbito.

Ós problemas de ínsulas illadas e limitación de conexións viarias súmase a contaminación acústica e atmosférica da propia avenida de Madrid e maila estación de transformación, a que xenerará toda a Ronda e mais seus enlaces, e a proveninte dos tránsitos da zona industrial-comercial lindante. Débese ter en conta que aínda que os refachos predominantes sexan sur e oeste, son máis frecuentes os ventos mainiños do NO e SE, polo que a incidencia destes contaminantes no ámbito poden ser moi graves se non se atallan.

Pola contra, o ámbito conta coa revalorización que supón a zona protexida do Eifonso, creando zonas de oportunidade ó seu carón. Ista avantaxe permite darlle un senso e conexión ás ínsulas xeneradas ó norte pola Ronda, que deben server como remate do solo industrial-comercial, pero que contarán coa oportunidade do centro comercial e do cauce protexido; ista oportunidade debe configurarse formalmente de tal xeito que, ó mesmo tempo, non perda a súa conexión co resto do ámbito e o importante equipamento que obterá.



Así pois, dende o Eifonso xérase a zona verde, que serve tamén de conexión entre as partes do ámbito. Na parte sur, os bordos en contacto con consolidados de unifamiliar parecen as mellores zonas para ubicar tamén as unifamiliares esixidas; se ben a edificación en altura nesta zona non afectaría o soleamento destas vivendas e suporía unha barreira para os refachos do sur e oeste, limitaría moito o soleamento do resto do ámbito. A zona de edificación en altura (residencial e equipamentos) desenvólvese pois no lado este, apoiada no vial estructurador e xerando un anillo de circulación e aparcamento hacia o límite coa avenida de Madrid. Este anillo complétase con viais peonís que conectan ambas zonas.